Segunda peza da serie «paisaxes tipográficas».
Este vídeo segue a idea do seu predecesor chispas.ttf, que consiste na xeración de letras mediante a acción.
Neste caso todo o deseño das letras xira en torno a como a tinta atravesa o plano de dentro a fóra a través da liña. A liña é unha vía de tránsito pola que a tinta flue cara o exterior.
O título está tomado dunha canción de Slint, Nosferatu man, na que dicen «I have a christmas tree inside my head»
O proxecto xurdiu como unha proposta do profesor Daniel Deluna, para a asignatura Typography in motion, na RIT.

JPEG - 567 bytes
JPEG - 1.7 KB
JPEG - 1.7 KB
JPEG - 1.1 KB
JPEG - 826 bytes
JPEG - 1.1 KB
JPEG - 1.4 KB
JPEG - 805 bytes
JPEG - 848 bytes
JPEG - 188 bytes
JPEG - 188 bytes
JPEG - 1.5 KB

Durante o proceso de creación do vídeo, a idea inicial foi cambiando moito. Ao principio íase facer un proceso diferente para cada palabra, xogando con como a tinta cae no papel e se move pola súa superficie, fisuras e dobreces. Para o cal se fixeron unhas letras de papel en tres dimensión para que foran moldeando a caida do chorro de tinta. Nas fotos de máis abaixo podedes ver estas maquetas.
Porén esta acción resultaba moi performática, e no vídeo non se podía apreciar moi ben a creación destas letras. Polo que decidimos incluír só uns poucos frames destas accións, a modo de flashazos.
Este traballo coas letras en papel, queda máis como algo performático e de acción, para executar diante de xente, xa que cando o chorro de tinta se dobrega nas formas da arquitectura das letras, é un momento moi intenso que só se pode experimentar vendo a acción.

I have trees inside my head.otf

Mini DV
00:39
2008
Rochester, NY