A acción consiste en facer son coas luces, isto conséguese poñendo uns micrófonos nas lámparas ou focos, de maneira que cando estes se acenden emiten ruído.

«Así pues, el dominio de nuestro conocimiento es el resultado de una sinbiosis entre los flujos emocionales y las operaciones racionales. Es más, es nuestra capacidad de emocionarnos la que determina la forma en que nos movemos en nuestros diálogos. Un cambio en la emoción o en el ámbito constituye un cambio en las premisas operativas de la experiencia del observador y, por lo tanto, en las condiciones que sustentan sus argumentos explicativos racionales»
Cita extraída do libro “Estética digital. Sintopía del arte, la ciencia y la tecnología” de Claudia Giannetti, que chama a atención sobre o feito emotivo como parte indispensable e importantísima na interrelación entre dous elementos-suxeitos.

A acción sonora e eléctrica “Electrosonck” busca entre outras cousas estimular sensorialmente ao espectador e para iso sérvese da luz e o son fundamentalmente. Así partimos do silencio e a escuridade para predispoñer ao espectador cara a sensibilidade perceptiva e imos utilizando diferentes estratexias para sorprendelos:

Por exemplo ubicamos 4 altofalantes, dous en fronte deles (polos que sae o son na maior parte do tempo) e outros dous que están detrás deles, xusto debaixo de dous focos de luz, chegado o momento estes altavoces emiten un son, unha chamada de atención, o espectador mira e recibe un fogonazo de luz que o cega e provoca que na súa vista teña “chirivitas” para o resto da actuación, esto logo acompáñase de continuos flashazos repentinos que aturde ao espectador.

Noutro momento axítanse unhas bombillas que se rompen contra o chan a carón deles (o espazo está separado por unha parede de papel que frena a expansión dos cristales).

Na acción empréganse:

+ 4 focos; dous deles con variación de intensidade e os outros dous coa posibilidade de acendido e apagado sempre coa mesma intensidade a modo de flash.
+ 1 lámpara no medio do espazo, coa carcasa da lámpara posta contra o chan, similar á forma dun iglú.
+ 2 bombillas que son lanzadas contra o chan.
+ Piezoeléctricos que van conectados cada un á súa correpondente lámpada ou foco.
+ Unha unidade de efectos que modifica o son que chega dos piezoeléctricos.
+ Unha mesa de mesturas.
+ 4 altofalantes.
+ Unha mesa de luces caseira que o único que fai e acender ou apagar as luces.
+ Un controlador de intensidade de luz.

Gracias a Chiu Longina por deixarme a unidade de efectos que usei para esta e máis accións.

Electroshonk

Acción sonora
20 min
2003