Estéreo

Acción. 10min
Un radiocasete, un sensor de movemento.
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
2002

A acción é un xogo de presenzas. Cando está o intérprete non hai son e cando non está o intérprete, hai son.

Nunha esquina da sala hai un radiocasete e dous altofalantes, no radiocasete hai un sensor de presenza que se activa cando non hai ninguén diante.

Aparece o accionista e non pasa nada. Permanece inmóbil ata que chega o momento no que se vai. Ao marchar actívase un son creado mediante dúas ondas sinusoidais de frecuencia moi próxima, de modo que cun mínimo movemento de cabeza dos que se atopan presentes na sala o son cambia considerablemente.

Polo tanto para que se produza a acción teñen que pasar dúas cousas fundamentais:
A Primeira que non estea o performer.
A segunda que o público mova polo menos a cabeza

+ Movemento, é unha das características fundamentales do son. Sabemos que se non existe movemento non existe o son, como tampouco existe este se non hai ninguén que o escoite, por iso asumimos a importancia da percepción sonora e facemos que a través do movemento do espectador se produzan modulacións do son.

+ Espazo, tempo e presencia: características fundamentais da acción. Haberá tantas temporalidades no mesmo espazo como número de espectadores haxa xa que cada persoa percibe a «realidade» dunha maneira diferente debido ás diversas ubicacións espaciais.

+ Espectador: consciencia da súa condición. O público atópase ante unha nova linguaxe que o confunde. Un non-código dentro da audición acústica.

+ Intérprete: consciencia da súa condición. Responde ao dito en puntos anteriores.

+ Estrutura: relación de necesidades formais entre os diversos elementos. O son que xera movemento, o movemento do espectador que xera un novo son, o movemento do performer que non xera son pero que é rítmico, como rítmico tamén é o son xerado en bucle.

O intérprete / performer delega o seu estatus de creador no espectador a través da negación da súa propia acción. O seu movemento non xera unha resposta directa. Só se produce unha resposta cando este desaparece de escena e asume o papel de espectador.

JPEG - 159.5 KB
Sen o accionista

JPEG - 159.5 KB
Co accionista