Dislocación no Festival Plataforma
Festival Plataforma
CGAC. Santiago de Compostela
Do 9 ao 19 de xuño de 2022
Con Alejandra Pombo e Claudio Pato
O día 9 de xuño entraremos no CGAC a vivir. Habitaremos unha das salas, a última da planta baixa que ten unha ventá que cubre toda a parede do fondo. Estaremos alí ata o 19 de xuño.
Igual que os fareiros viven no faro para acendelo, nós converterémonos en bucineiros e faremos soar tres bucinas que estarán instaladas na terraza do edificio, apuntando cara a zona vella de Santiago. Tocarán todos os días a calquera hora dúas ou tres veces.
Será un exercicio de dislocación.
(Aínda que entramos o 9 estaremos encerrados na sala ata o día 10, que se inaugura o festival, e non se nos poderá ver)
Ver toda a programación do Festival