Clo Pau Plas Pedra somos Xiana Arias e eu, Berio (Clo Plas) xunto a Diego Vites e Javi Álvarez.

Clo Pau Plas Pedra foi presentado por primeira vez o 2 de xullo do 2026 nos xardíns do Convento de Santa Clara, en Pontevedra, dentro da programación da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra, comisariada por Iñaki Martínez Antelo.

Xs placudxs

Xs placudxs son unha deriva dos cabezudos. Esas personaxes populares que nas festas sabías que xa viñan porque escoitabas ao lonxe as gaitas. Aí era cando apurabas o almorzo e vestíaste ás presas para saír correndo a sumarte ao pasarrúas. Coas súas cabezas desproporcionadas e as súas vestimentas coloridas, divertíannos e asustábannos con picardía e ousadía.

Pero xs placudxs son outra cousa. Son un cisma deses cabezudos relegados hoxe a non saír dun húmido almacén municipal. Volvéronse cemento pero néganse a perder toda a fantasía daqueles días en que pasaban por diante da casa e estabamos a familia toda na placa celebrando que era o día d. Igual que parece que ás veces aínda podemos oír o balbordo de onte poñendo a orella no formigón que cobre a eira, xs placudxs teñen a súa forma de existir á nosa marxe e de entreter e mofarse da nosa sombra. Como xa non van coa banda, aprenderon a facer ruído.

Imaxes

1, 2, 3, 4, 5: Romina Doce
6: Claudio Pato
7, 8: Lisi González

Clo Pau Plas Pedra

Acción / 60min

Xiana Arias (Voz e letras)
Diego Vites (Placudxs)
Javi Álvarez (Arranxos)
Berio Molina (Voz e composicións)

Comisario: Iñaki Martínez Antelo