Ohn no CCE de Lima

Do 25 de setembro ao 8 de novembro no CCE de Lima (Perú)

VIDEOsPAIN. ITINERANCIAS TRANSVISUALES, é unha exposición que convida a descubrir os traballos máis transgresores e visionarios producidos por videoartistas españoles no fructífero campo da arte dos novos medios. A mostra conta co apoio da Cooperación Española a través da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e reúne o máis actual e vanguardista da escena audiovisual española.

Curada por Iury Lech e de itinerancia internacional, logo do seu paso por Lima a mostra presentarase no 2015 noutros países de Latinoamérica.

Cunha ampla selección de 21 proxectos, as obras parten do fondo do arquivo da Muestra de Arte Digital Audiovisual y Tecnologías Avanzadas Contemporáneas-MADATAC que se realiza anualmente en Madrid.

A temática das videocreacións aproxímase aos dilemas das actuais sociedades fragmentadas, que experimentan unha transición cara novos modelos aínda non sinalizados; así como ao recoñecemento do cambiante territorio onde existimos e creamos, readaptando paisaxes e obxectos derivados dunha cultura audiovisual dixital inexplorada.

VIDEOsPAIN convida a contemplar como se fabrican recónditas perspectivas que albergan visuais antiutópicos, xogos de narrativas abstractas, realidades simuladas de animacións e paisaxismos transitorios ou reinventados, así coma rastros espazo-sonoros e derivas xeolocalizadas de lugares abandonados. Tamén hai cabida para a observación social comprometida, as circunstancias derivadas do obxecto visualmente explorado e a identidade de xénero manipulada, sen esquecer a amalgama interdisciplinar entre o mundo da técnica e o da imaxinación.

Listaxe de videoartistas:
Albert Merino
Alex de la Croix
Ana Marcos y Ángela Ruiz
David Rodríguez Gimeno
Juan Carlos Sánchez Duque
Isabel Pérez del Pulgar
Alfredo G. Barroso
Rocío López Zarandieta
Iury Lech
Lisi Prada
Luis Bezeta
Fernando García Malmierca
Julio Fernández Arpón
Laura & Sira Cabrera
Roser Gerona Ribas
Miguel Ángel Concepción
Belén Patón
Ohn (María Roja & Berio Molina)
Javier Lloret
Marina Núñez
Elena Gaztelumendi

www.ccelima.org

Máis información