Furada negra viaxa ao FCIU de Uruguai
A curta Furada Negra forma parte da sección oficial do FCIU 44 Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay dentro da categoría «Competencia Internacional de Cortometrajes».
O visionado terá lugar o vindeiro mércores 8 de abril nunha sesión onde tamén se proxectarán +10K de Gala Hernández e Their eyes de Nicolas Gourault.
Máis información no catálogo do festival.

