zincrona

Zincrona esta feita case toda co sonido que produce o punteiro xusto instante no que se crea o sonido. Trátase do momento no que o aire, despois de ser impulsado con gran potencia a través da boca, penetra entre as dúas láminas da palleta, forzándoas a que vibren, e que se produza así o sonido.

Si poideramos cambiar a escala do fenómeno, vendo este instante cun microscópio e prolongandoo no tempo a través dunha cámara lenta, veriamos que é unha acción moi violenta, que se executa cun gran dinamismo, con diferentes velocidades de frecuencia de vibración, e perturbando fortemente a estabilidade dos obxectos -levandoo ó outro extremo escalar, á do macro, poderiamos comparalo cun terremoto; ese sonido grave que fai que vibren tódalas paredes da casa, as paredes poderían ser as láminas da palleta-.

Asimesmo o son que produce o punteiro da gaita xusto nese momento non é todavía a nota armonizada que despois será e que normalmente se espera, senón que ten un grande compoñente de ruído, de ahí que ó poñer moitos destes fragmentos seguidos, faga unha liña de ruído que se move freneticamente saltando en dinámica, altura e velocidade.

Zincrona garda unha extructura compositiva moi semellante a este fenómeno: sonidos que se manifestan a microvelocidades, pedales graves que cambian moi a menudo de frecuencia, loopeados a microtempos, movementos frenéticos, forza presencial sonora, forza motriz xerada polo sonido (no caso de Zincrona con esos graves tan cargados que parecese que se movese o peito do oínte).

Insertados dentro deste frenetismo arrebatador, aparecen notas sotidas de punteiro, tocadas con toda a intensidade posible, que conteñen no seu sonido toda a forza do aire, e que mostran como este se move nos límites da forma da nota, intentando rompela e forzando os seus límites.

Zincrona é unha composición de sonidos forzados e contidos nuns límites que buscan expanderse nunha nova dimensión; temporal, espacial, presencial e obxectual.