Rileira

entrada #18

Este é o primeiro son realizado baixo o proxecto fola, polo que lle teño cariño especial.

Arredor de todo o tema hai unha mistura de dúas ideas base: por un lado o frenetismo rítmico e a rapidez do punk e o énfasis dinámico e coral das orquestas, refírome a eses momentos de éxtase orquestal donde tódolos instrumentos soan ó unisono, como si se fora a acabar o mundo; e ese frenetismo punk que te volve tolo, xa que non sabes a que ritmo atender, xerando un raio eléctrico cargado de densidade rítmica e desfragmenntada.

Cada certo tempo hai silencios que vacían a carga eléctrica, como si lle deramos ó botón de desmagnetizar da pantalla do noso ordenador, poioioioioioioiooooommmmmmmmm, para volver a cargarse acto seguido.

Todo o tema está feito a través dunha mesma pista midi, donde se debuxaron as notas cunha duración moi curta, e moi pegadas unhas de outras. Esta mesma pista midi é mapeada a diferentes configuracións dun instrumento midi creado con sonidos de punteiro. De forma que exactamente co mesmo ritmo se van xenerando moitos sonidos diferentes, xa que ese mesmo ritmo e enviado a diferentes intrumentos. Tamén utilizo plugins de smartelectronix para xenerar os sonidos máis rítmicos.

Este tema surxiu como unha deriva polo software ableton live 4, que introducía a novidade da edición de pistas midi. Polo tanto o son producido está moi marcado por este programa, xa que é o resultado dun primeiro contacto con el. Os softwares crean unha regras de xogo determinadas (igual que si decidimos tocar un instrumento subindo ou baixando unhas escaleiras, ou si deicidimos tocalo coas mans atadas á espalda), e dan personalidade a un sonido ou instrumento. Personalmente penso que o artista ou músico ou o que sexa, debe probar tódolos programas e plugins que estean ó seu alcance, para ter unha imaxe máis complexa das formas e estilos que se poden crear no mundo dixital; é como si escoitaramos toda a natureza do contexto dixital, os diversos espacios que hai creados nese mundo donde o sonido se pode manifestar, e poder experimentar a variedade de formas que se producen neses diversos espacios.

Rileira é unha deriva salvaxe por esos mundos, e en concreto pola paisaxe da edición en midi do ableton live 4.