Setras

Libro 2017
Libro setras sobre caligrafía sonora. O sonido das letras

Portada do libro e vinilo 7 pulgadas

Setras é un libro publicado pola Editorial Fulgencio Pimentel e La Casa Encendida coa colaboración da Fundación Mayeusis.
Ten 120 páxinas e un vinilo de 7” con 26 locked grooves co son das 26 setras. Conta coa colaboración de Liqen nalgunhas ilustracións.

Recibiu o Premio Especial do Xurado na primeira edición do Puchi Awards.

É un estudo sobre a acción sonora na caligrafía desde os puntos de vista da subxectividade, a física, a arte de acción e o absurdo. É un percorrido polo alfabeto (subxectivo) galego analizando cada unha das setras desde dúas perspectivas: a taxonomía e a estética.

 

Publicouse unha edición en castelán (azul) e outra edición en galego máis limitada (vermella)

Necesitón da setra v. Teoría de setras

Páxinas 98-99. O necesitón de v

Funil invertido da setra u

Páxinas 92-93. O funil invertido da setra u

paxinas 72 e 73 do libro setras

Páxinas 72-73. O bucle de realimentación de o.

Modulos neme da teoría de setras

Páxinas 66-67. Os módulos neme.

Portada de Setras. O libro da caligrafía sonora

Portada de Setras