Piollo Volante

Título: Piollo Volante
Ano: 2003
Lugar: Pontevedra
Audio: Shellac e Merzbow
Duración: 2"48""

Piollo Volante está dividido en dous.
Ao principio non hai máis que unha imaxe de cabelo con certo filtro que o pon en branco e negro e fai como unhas chispas que son os piollos. Esta primeira parte leva a música de Shellac
Logo hai unha imaxe de retroalimentación dese cabelo que produce un espazo tridimensional, e aparece un punto que resulta ser o piollo navegando por este novo espacio. Esta segunda parte leva a música de Merzbow

O vídeo está feito coa mesa de mesturas de vídeo Panasonic WJ-AVE5, unha televisión e a miña cámara de vídeo de toda a vida, a cal tiña uns furados no obxectivo -que llos fixen logo de gravar o vídeo de chispas.ttf polos chispazos que saían da radial- que facían que aparecesen eses puntos brancos e negros como se estivesen flotando no espazo.

Basicamente a imaxe sae de retroalimentar o que grava a cámara de vídeo, enfocando a mesma directamente ao televisor que proxecta a imaxe que está recollendo a cámara. O branco e negro e toda a forma é xerada coa mesa de mesturas de vídeo en tempo real.

Artigos relacionados