Intrasónico 1.0

Acción realizada na primeira edición do festival IFI, que tivo lugar no ano 2002 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Esta acción fíxose en colaboración co colectivo SINSALaudio de Vigo.

Os accionistas empregan dous fonendoscopios preparados con dous minimicrófonos ubicados no tubo do fonendo. O son entra nas máquinas dos compañeiros Julio e Luis de SINSALaudio que o van manipulando.

Os accionistas antes de entrar na sala estiveron correndo por toda a facultade para acelerar as súas pulsacións e que estas fosen máis fortes.

Artigos relacionados

Yeni