He hates me

Dixital 00:50 2008

He hates me. Paisaxe tipográfica #4 é un filme de 30 segundos onde como en toda a serie das paisaxes tipográficas se xoga coa idea de visibilizar letras que se atopan agochadas nunha paisaxe.

Título: He hates me.
Data de publicación: Abril 2008.
Lugar de publicación: Rochester, NY.
Audio: fragmento da película Rebelde sin causa

Neste caso emprégase un fragmento de diálogo da película Rebel Without a Cause como paisaxe, creando a tipografía a partires do mesmo.

A construción gráfica da tipografía foi feita con Processing. Quíxose facer unha tipografía feita a man, con movemento e ao mesmo tempo estática. Creouse un software moi sinxelo que gravou en tempo real o xesto caligráfico producido ao escribir. Á liña resultante aplicóuselle un comportamento que provocaba que o trazo fora desaparecendo gradualmente, causando un efecto similar ao producido cando se debuxa cun pau sobre a auga.

O programa

O programa He hates me pode descargarse na seguinte ligazón:

Zip - 895 bytes

Premendo “s” no teclado mentres se debuxa, o sistema grava en tempo real (só por uns poucos segundos).
Premendo “r”, o programa reproduce o que se acaba de gravar.
Premendo “p”, o programa exporta a imaxes (unha imaxe por cada frame) o que se está gravando en tempo real.

(vídeo en mellor calidade)

QuickTime - 33.9 MB