Furasón 2.0

Acción realizada no festival LEM de Barcelona, no ano 2003.

Nesta acción contouse coa colaboración de Chiu Longina e máis de Nyda. A esta colaboración entre Flexo, Chiu longina e Nyda, tamén lle demos o nome de QVI project

A acción consiste en ir deteriorando dous altofalantes que os accionistas levan ubicados nos seus peitos. O son é producido polos portátiles de Chiu e Nyda e é emitido polos mesmos altofalantes. Tamén se empregan dous taladros que ao mesmo tempo que emiten ruído serven para furar a membrana dos altofalantes, modificando o son que sae polos mesmos. A acción remata cando estes son destruídos por completo e xa non poden emitir ningún son.

Esta é a segunda versión da acción Furasón. En proxecto quedaron pendentes outras versións que de momento nunca se levaron a cabo, pero que se tedes curiosidade podedes consultar na sección de bosquexos.

Na pantalla proxectouse un vídeo de mini accións varias realizadas por Flexo nunha casa de campo asturiana, en Perlora. Recordos a María, dona da casa.

Artigos relacionados

Yeni