Fola

Dixital LP ----

Fola é unha colección de temas sonoros de número ilimitado e en continuo proceso de creación. A colección nunca esta rematada, senón que está en continua relación co contexto vivencial do creador e en contexto directo co desenvolvemento dixital.

Fola está publicado polo netlabel alg-a.
ALG002 – Fola – Berio

1. rileira
2. palexa
3. ois
4. foncos
5. lausela
6. bidueival
7. zincrona
8. zoupada

Fola parte dunhas características “pai” que están presentes en todos os cortes, así como dunhas características “fillo” correspondentes a cada unha das composicións. Todos os fillos teñen as características do pai, pero o pai non ten porque ter todas as características dos múltiples fillos.

Características do pai Fola:

+ A fonte de tódolos sons son gravacións feitas por min mesmo dunha gaita en do, e outra gaita en si bemol, do artesano Seivane.
+ Só hai sons que proveñen das gravacións feitas coa gaita.
+ Os sons poden ser modificados en calquera software mediante o cal se poida modificar o son, ademais de poder utilizar calquera tipo de plugin (vst, audio units, vsti, etc…). A suma do software, plugins e hardware da máquina marcará o contexto virtual de cada fillo.
+ Na gravación dos sons pode e debe inteferir calquera axente contextual físico, así como tipo de micrófonos, diferencias de reverb das diversas habitacións ou obxectos onde se grave o son, ruído de manipulación (como o son do inflado do instrumento), axentes accidentais, etc… A combinación destas características formará o contexto físico dos diferentes fillos.