Bucorde

3 bucinas, 3 compresores de audio, 3 accionistas
Artellando
Parque de Belvís
Con Xiana Arias e Lois Carlín
2017

Bucorde está composta por 3 bucinas que se atopan localizadas en tres puntos diferentes da cidade. En intervalos de 15 minutos e por duración de 10 segundos as 3 bucinas emiten o seu son creando en conxunto un acorde que resoa en toda a cidade coma si se tratase dun drone (son sostido e continuo).

As bucinas teñen unha lonxitude variable que facilita a modulación do son na súa altura, o que posibilita que poidan producir sons máis agudos ou máis graves. Desta forma, cada acorde que se emite cada 15 minutos é diferente. No seu conxunto, trátase de crear unha composición sonora dilatada no tempo que dure todo o día.

A idea desta dilatación do tempo xa foi emprega por John Cage na peza Organ²/ASLSP (As SLow aS Possible), na que o órgano da igrexa de San Burchardi na cidade alemana de Halberstadt, toca unha partitura cunha duración de 639 anos. Aproximadamente unha vez ó ano o órgano cambia de acorde. A curiosidade por escoitar estas tres notas provoca unha peregrinación que cada ano conta cunhas 10.000 persoas.

Órgano da peza Organ²/ASLSP (As SLow aS Possible)
Fuelles da peza Organ²/ASLSP (As SLow aS Possible)
Organ²/ASLSP (As SLow aS Possible) na igrexa de San Burchardi

O efecto chamada do son (e tamén a súa utilización como organizador do tempo) é algo que a cidade de Santiago de Compostela ten moi interiorizado dado o grande número de igrexas e campás que ten. O son do Bucorde xoga con esta idea de chamada e segue a estrutura temporal das campás: un son que se repite e que neste caso crea unha expectación sobre como sonará o acorde. Sen falar das connotacións sobre o control da comunidade a través do son.