Baila Maldito 1

Ano de realización: 2002
Lugar: Pontevedra. Sótanos da Facultade de Belas Artes.

Este vídeo baséase no baile, collendo como referencias por un lado o breakdance e por outro a compulsiva forma de moverse de Guy Picciotto, un dos cantantes de Fugazi.
Interesábame do Break-dance a súa conexión co espazo, a súa conexión co chan. Así estendeuse esta relación con todo o espazo circundante e o baile xoga cos límites que as paredes marcan ás forzas motrices producidas polos impulsos corporais que xeran o baile. Esta idea de baile resultante de movementos producidos por unha enerxía violenta e convulsa vén de Guy Picciotto e as súas contorsións no escenario cando actúa coa banda Fugazi, como se pode ver neste vídeo de Waiting Room:

No 2010 hai unha nova versión desta acción feita no Lab Alg-a, que podedes ver aquí:

Baila Maldito acción

Artigos relacionados