Regueifa OS

Regueifa OS é un traballo que levamos conxuntamente Is e máis eu a finais do 2005, para presentalo ao festival Zeppelin en Barcelona que tiña como tema “acústicas do control”.

Logo foi publicado no netlabel alg-a.

[ALG019] – Regueifa OS – Is & Berio

01_regueifun
02_regueifous
03_regueifres
04_regueifatro
05_regueifinco
06_regueifeis
07_regueifete
08_regueifoito
09_regueiful

Regueifa OS: burrr clic burr, ta ta ta tam.

Os regueifeiros son os bancos de son dos sistemas operativos de Windows Xp e MacOsX panther.

Presets da vida cotiá. Sons que por defecto asedian o noso escritorio. Control e monopolio acústico do noso espacio.

Como dicían Os resentidos cada situación ten a súa banda sonora. Que traducido aos nosos tempos cada xesto ten o seu burrr clic burr, ta ta ta tam.

regueifa hack – SO hack