Lheni

30 min
2000-2003

Texto orixinal da obra:
Unha masa corpórea, informa, corpo de látex feito de moitos corpos. Sobre este proxéctase unha imaxe de partes do corpo, cara, ollos, membros, en estraña convulsión sobre a masa latente.

Materiais:
Iluminación: par de focos
8 performers
Látex revulcanizado
Proxector de vídeo
Cámara de vídeo

O vídeo documenta as actuacións na Sala NASA en Santiago de Compostela, no ano 2000, dentro dunha noite de accións que levou o nome de Remexendo, e na Sala Camawey de Pontevedra, no mesmo ano, dentro do evento Interacción.
A actuación na Sala NASA contou coa colaboración do músico Prozack.

Penso que naquela época ninguén de nós coñecía o filme The Big Swallow (1901) de James Williamson, co que sen dúbida hai unha conexión notable.