Instalación sonora Escapes de Berio Molina

Escapes

  • Sonora
  • 2017

Látex, pallóns, bambú, 2 temporizadores, 2 infladores eléctricos, tubos de cobre, cordel encerado, corda.

Escapes é un conxunto de enxendros sonoros. Catro foles pequenos e un fol grande emiten un drone.

O son do fol grande é un pedal sostido composto por un total de 11 roncóns. As pequenas variacións na presión de aire mutan lentamete as vibracións emitidas por cada un dos pallóns.

O son dos catro foles é breve, forte. O aire entra polos tubos de cobre a intervalos cortos. A presión é moi grande e o son desbórdase polos ocos do bambú. Ao pouco xa non queda aire nos seus foles e a atención pousase de novo sobre o pedal sostido do fol grande.

O aire flúe polos condutos colándose por todas as fendas, provocando finos fíos de silbidos, deformando os contornos, facendo vibrar os corpos. O aire escapa. A realidade é un monstro.

Escapes gañou o 1º premio no Décimo Premio Auditorio de Galicia 2017.

Instalación sonora Escapes de Berio Molina
Escapes no Décimo Premio Auditorio de Galicia. Imaxe de Sandra Alonso