Instalación Coro Vello Cárcere de Lugo

Coro

Látex, altavoces, reproductor mp3, motor de aire eléctrico.

Coro é unha peza que foi creada para a exposición Dende o panóptico: cada cela unha fiestra no Vello Cárcere de Lugo.
Vai acompañada da súa irmá Órgano, que se atopa na cela contigua (cada obra da exposición é unha cela do cárcere) e coa que forma parella.

A idea de crear un órgano e un coro xorde trala lectura do libro O vello cárcere de Lugo (1936-1946), de Cristina Fiaño onde se citan dous testimonios de dous presos que fan referencia a un órgano e coro que existían no interior do cárcere:

“Alí, entre os muros negrísimos da represión, Antonio aprende solfeo e piano da man do mestre que dirixía o coro, quen permitía ó preso da Pobra tocar o órgano da prisión. Para que a música do mundo permanecese e a vida con alegría se abrise paso (Novo 2004: 164)”
O Vello Cárcere de Lugo (1936-1946) Cristiña Fiaño

“aínda que homes e mulleres atópanse rigorosamente separados, empréganse todos os mecanis- mos dispoñibles para manter algún tipo de relación entre uns e outras: a misa dominical ou, máis habitualmente, a participación no coro da prisión permitirá establecer contactos que, nalgunhas ocasións, tamén acaban en matrimonio (Rodríguez Teijeiro 2010: 243-246)”. O Vello Cárcere de Lugo (1936-1946) Cristiña Fiaño