Ois

Os sons que se escoitan durante toda a grabación so é o ruído producido polo pallón que leva a ronqueta da gaita. Este ruído xerase cando se colle a lengüeta, se tira dela hacia arriba, e se solta, golpeando con forza a caña, e emitindo un pequeno “clac”.

Fixose a grabación deste “clac” durante varios minutos. Logo abriuse un novo proxecto no ableton live e crearonse doce pistas de audio, donde se foron poñendo os archivo que se grabaran, sin ningún corte, pero comezando en diferentes momentos, como facendo unha especie de “canon” a doce voces.

En cada pista cargáronse unha serie de plugins, diferentes para cada unha das pistas; delays, granuladores, revebs, compresores, ecualizadores, etc… todos eles da casa de Smartelectronix (www.smartelectronix.com) Estes efectos son libres, e caracterizanse por modificar o sonido dunha maneira “creativa”, é decir, deconstruíndo o sonido e rexenerando as formas, máis que “arranxandoo”.

A idea de Ois é moi sinxela, tratábase de comprobar ata que punto a fonte sonora era decisiva ou significativa na peza, e cómo esta se podría estirar, romper, acelerar, e mutar ata que se perdese totalmente o seu referente.

Tratábase de insertar un sonido nun contexto, e neste caso nun contexto dixital. Enténdese un contexto dixital analogamente a un contexto físico, é decir, non é o mesmo facer soar un mesmo sonido dentro do alcantarillado dunha cidade, como nun dormitorio ás catro horas da madrugada, como nunha cámara anecoica, e polo tanto deste mesmo xeito, non é o mesmo facer soar un mesmo son dentro dun determinado software – donde os algoritmos que lle dan forma a ese programa crea xa unhas coordenadas espaciais e temporais características, e non digamos xa dos plugins de efectos, creados expecíficamente para retorcer esas coordenadas-, e así por exemplo unha reberb pode facer que un sonido soe como si estivese dentro dunha catedral, ou no espacio exterior.

A extratexia utilizada consiste en cargar con moitos plugins ó sonido, de forma que o entramado comece a coller autonomía pola perdida de control do usuario, e consiga resultar sorprendente, rendomizando o proceso. O ideal dase cando esta autonomía colle certa organicidade, como creo que sucede en Ois, de modo que parecese que o sonido flúe nun contexto, que a pesar de ser xerado virtualmente, teña a impresión na percepción de que poidese existir nunha realidade.