Campo dentro da Selección Oficial de FIVA

entrada #152
Seleccion Oficial FIVA06

O vídeo Campo foi incluído na Selección Oficial do FIVA (Festival Internacional de Videoarte).
O xurado foi integrado por Valentina Montero Peña, Antonio Weinrichter López e Rodrigo Alonso.

Campo será proxectado os días 2, 3 e 4 de decembro na sala Jorge Luis Borges da
Biblioteca Nacional, Ciudad de Buenos Aires, Argentina.

Máis información na noticia da páxina oficial de FIVA en Facebook.

Presentación de Campo no MIRÁ! 2016

entrada #150
Flyer MIRA! 2016

O vídeo Campo é presentado no MIRÁ! 2016, evento que ten lugar os días 18, 19, 25 e 26 de agosto en El Sábato – Espacio Cultural (Buenos Aires).

Campo móstrase como parte de MUSEO, xunto aos traballos “Todo es mentira” dirixido por Gabriela Paolillo, “Hen” de Janice Iandritsky, “De la mateína y otras sustancias” de Martin Gouiric, Renzo Zabaletta e Martín Muniagurria, “Ausencia” de Carolina De Luca e “Buit” de Anna Mitjà Comas.

Máis información na páxina de MIRA!

Agenda MIRA! 2016

Flyer MIRA! 2016

Campo

entrada #0

(este vídeo é tan só un trailer)

Un micrófono, un corpo e un amplificador atçopanse no Campo. O outro, o espectador, míraos agochado detrás dun espello semiprateado. Contempla un total de sete sucesos.

No Campo aparece o que está en liña cunha natureza, no profundo dunha identidade, nunha esencia, no descoñecido.