O vídeo Minuison presentase na exposición Proxectos inacabados, 25 anos.

O vídeo que leva por título Minuison, do fato bicéfalo Ohn, foi seleccionado como parte da exposición “Proxectos inacabados, 25 anos. Unha Facultade na maleta” que conmemora os 25 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

A exposición, comisariada por Silvia García, estará aberta ao público do 18 de febreiro ao 9 de abril do 2016, na Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes da Universidade de Porto.