O lapis sonoro para facer setras (sapis)

entrada #172
Sapis, lapis sonoro empregado para facer setras

Onte quedei con Xoán-Xil para probar un piezoeléctrico que montou como micrófono. Había tempo que lle preguntara sobre maneiras de recoller o son da escritura e comentárame que tiña uns sensores que igual funcionaban ben.

Hoxe probeino e produce un son moi parecido ó do portaminas, que é o que emprego normalmente para gravar as setras (xunto cun micrófono direccional). A gracia deste piezoeléctrico é que ten forma de cable e é moi fino. Pode empregarse como se fora un lapis e facer directamente os debuxos das setras con el. Desta forma o propio micrófono serve para emitir e recoller o son, igual que faciamos no vídeo das 28 setras, e aporta unha volta de torca moi interesante xa que se pode prescindir da información visual para crear as setras. É como si se empregara un bolígrafo de tinta invisible.

Xoán comentoume que estaría ben meter o sensor dentro dun lapis para facer máis cómodo o seu manexo e reducir os ruídos que se producen ao mover o cable, e así o fixemos. Aquí deixo unhas fotografía dos elementos cos que está construído o lapis creador de setras, que xa ten o nome de sapis.

As partes de sapis, lapis sonoro empregado para facer setras

O preciso para construír un sapis: unha broca de 0.5, un lapis e o piezoeléctrico.

 

Sapis, lapis das setras, e o seu conector jack

O sapis co seu conector jack