lausela

entrada #22

Lausela é unha composición donde o que máis chama a atención e o contraste entre un loop de base que se repite durante todo o tema e uns arrebatos sonoros que sa van xenerando. O loop de base está inspirado na canción Oh Superman de Laurie Anderson, do disco Big Science – donde por certo, hai unha canción na que aparece unha gaita, Sweaters, que tocou Rufus Harley, un músico de jazz que empregaba unha gaita escocesa como instrumento principal-.

Os arrebatos sonoros veñen dunha captura do pallón da ronqueta, tocando o pallón sin estar posto na madeira, simplemente soprando a través del e facendo diferentes alturas. O archivo resultante da grabación está cortado en moitos pedazos, correspondentes ás diferentes frases ou entidades que se podían percibir. Logo aplicouselles a estes fraseos efectos que ensalzaran, lles deran forza e os deformara, a través dos plugins electronix.

Tanto Lausela como Foncos, non responden a unha extructura tan clara como o resto das composicións Fola. No caso de Lausela tratábase de traballar coa idea de loop, seguindo a concepción de que nunca un loop sóa igual, aínda que sexa o mesmo, como moi ben demostrou Thomas Brinkmann co disco Klick, ou Panasonic con Vakio. Pero non quería ir detrás dun minimalismo que só exaltase os pequenos matices formais, senón que quería dotar ó son de suciedade e perversión para romper a distancia coa sensibilidade e a emotividade do oínte, algo que soe pasar cando se fai un uso minimalista da forma. Polo tanto a idea estaría máis cerca dos selected ambient works de Aphex Twin, donde unha repetición obsesiva de fraseos camuflados nun ambiente, sumen ó oínte nun estado emocional, e desprendese polo tanto da forma, para adentrarse no fenómeno experimental do sonido.

A extratexia utilizada en lausela para captar a sensibilidade do oínte consiste en enmarcar moi claramente os fraseos e aislalos insertando o silencio necesario entre eles. Desta forma buscase certa similute coa fala, como si a canción lle estivese contando algo ó oínte, como si esta estivese viva e o invitara a que lle dera unha respota. Ademáis desta diferenciación de fraseos utilízase de fondo un loop que de tanto repetirse se deforma, e se asemella á voz dunha persoa.