Fol no MARCO de Vigo

Fotos e algunha anécdota de cando o Fol estivo no MARCO en Urbanitas.

Así foi como quedou o fol no MARCO de Vigo dentro da exposición Urbanitas.
Déixovos unhas cantas imaxes:

A exposición durou aproximadamente catro meses, dende o 3 de febreiro ata o 28 de maio. Hacia mediados da mesma o Fol rebentou, e tivemos que poñerlle un parche con loctite! A pena foi non ter estado alí naquel momento, xa que o son que debeu emitir tivo que ser moi potente, segundo me contou Paul e xente que andaba por alí.
O Fol rebentou porque o inflador que lle daba aire estaba enchufado á luz xeral, e cada vez que se baixaba e subía a luz, o inflador de aire activábase. -O inflador era regulado cun temporizador que permitía dar aire cada vez que era enchufado, logo descansaba certo tempo, volvía inflar e volvía descansar outra vez xerando un bucle continuo-. Houbo un dia que se baixaron e subiron as luces de forma moi seguida e varias veces, polo que o inflador de aire cargou o Fol máis do que este podía soportar e rebentou.
A forma de prever que estou pasase máis veces nun futuro, foi poñendo un retardador antes do temporizador, de forma que ó enchufar todo o “mecanismo”, non activara o inflador inmediatamente, senón que esperase un tempo prudencial antes de facelo.
Aprobeito para dar gracias a Paul, do MARCO, por todo o que me axudou para solucionar estes problemas.

Este non foi o primeiro accidente de Fol, en decembro do 2005, durante a presentación da peza para o máster en artes dixitais da Pompeu Fabra en Barcelona, unha colega, Bea, impulsada por varios dos asistentes, colgouse do coiro e rompeu.
Esta é a foto do momento xusto antes de romperse, podedes ver como o peso tira do único punto polo que está suxeito o Fol

Fol nun principio estaba pensado para que puidera soportar que unha persoa se colgara del, de feito esta era a idea orixinal do proxecto, tocar un instrumento cuxa técnica consista na supervivencia, en non caerse. A idea era que a maneira de tocar o Fol era non facelo intencionadamente, non intentar sacar nada “musical” ou “sonoro”, xa que o interprete tería que poñer todo o seu esforzo en non caerse ó chan.
Pero por un problema de cálculo, e porque cada vez me apetecía máis facer algo xigante, o fol quedou demasiado grande e era imposible tan sequera colgarse del.
Os asistentes a esta presentación sabían que esta era a primeira concepción de Fol, e quixeron probar a ver se se cumpría, non se cumpriu e rompeu.
O fol ten unhas pezas de madeira cun furado polo medio. Estas pezas foran deseñadas para que as persoas se poideran colgar do coiro, xa que a través do furado pasa unha corda que abraza o Fol e reparte o peso en catro puntos, no lugar de facelo tan só nun, como pasou ese dia.
Co paso do tempo foise descubrindo que Fol pode adoptar diferentes formas dependendo do contexto ou de como se amose ao público, así por exemplo, cando faga un concerto con el non será necesario este reforzo, e incluso pode que sexa mellor que non estea colgada do teito, senón tendido polo chan, para que así se poida saltar enriba del.