estéreo

estéreo

A acción consiste basicamente en que cando está o intérprete non hai son, e cando non está o intérprete, hai son.

Nunha esquina da sala hai un radiocasette e dous altofalantes, no radiocasette hai un sensor de presenza, de modo que se activa cando non hai ninguén diante.

Aparece o accionista e non pasa nada, este permanece inmóbil ata que chega un determinado momento que se vai. Ao irse actívase un son creado mediante dúas ondas sinusoidais de frecuencia moi próxima, de modo que cun mínimo movemento de cabeza dos que se atopan presentes na sala, o son cambia considerablemente.

Polo tanto para que se produza a acción teñen que pasar duas cousas fundamentais:
A Primeira que non estea o performer.
A segunda que o público mova polo menos, a cabeza

+ Movemento, é unha das características fundamentales do son. Sabemos que se non existe movemento non existe o son, como tampouco existe este se non hai ninguén que o escoite, por iso asumimos a importancia da percepción sonora, e facemos que a través do movemento do espectador se produzan modulacións do son.

+ Espazo, tempo e presencia: características fundamentais da acción. Haberá tantas temporalidades no mesmo espazo como número de espectadores haxa, xa que cada persoa percibirá a realidade dunha maneira diferente debido as diversas ubicacións espaciais.

+ Espectador: consciencia da súa condición. O público estará ante unha nova linguaxe que o confundirá, e que atopará un código a través da audición acústica.

+ Intérprete: consciencia da súa condición. Responde ao dito en puntos anteriores.

+ Estrutura: relación de necesidades formais entre os diversos elementos. O son que xenera movemento, o movemento do espectador que xera un novo son, o movemento do performer que non xera son, pero que é rítmico, como rítmico tamén é o son xerado en bucle.

O intérprete / performer delega o seu estatus de creador no espectador, a través da negación da súa acción. O seu movemento non xera unha resposta directa. Só se produce unha resposta cando este desaparece de escena e asume o papel de espectador.

JPEG - 159.5 KB
logo

Sen o accionista

JPEG - 159.5 KB

Co accionista