Paxaradas Subt: «Kits Beach Soundwalk» de Hildegard Westerkamp

Paxaradas Subt
Kits Beach Soundwalk
Hildegard Westerkamp
1989

Paxaradas subt é unha canle de Youtube con cancións subtituladas ao galego. Naceu como unha comunidade no contexto do ciclo Escrita(s) nas Almáci – gas como proposta de Xiana. O seu lema di:
Ti tamén disfrutaches co traballo doutras/os. Aprendiches que dicía ese canto que tanto che presta. Así que agora subtitula o mundo con nós. Faite paxaro: paxaradassubt@gmail.com

Hoxe domingo decidín logo facerme paxaro traducindo «Kits Beach Soundwalk» de Hildegard Westerkamp.

 

 

Kits Beach Soundwalk é unha composición do ano 1989. Cando xa había tempo que Westerkamp non formaba parte do célebre grupo de investigación World Soundscape Project e no tempo no que comezaba a difundir ampliamente as súas ideas sobre a paisaxe sonora.

Recentemente redescubrín a peza lendo a entrevista que Cathy Lane lle fixo para o libro In the Field: The art of field recording. Cathy relataba que non sabía cantas veces lles puxera esta composición aos seus alumnos. Para ela era unha peza que explicaba moitas cousas con tan só oíla. En escasos nove minutos. Moitos segredos. Igual sobre o propio oficio de facer gravacións. Igual sobre moitas outras cousas.

Nos anos 70 Westerkamp tiña un programa radio nunha emisora cooperativa de Vancouver. Chamábase Soundwalkings e consistía en realizar paseos sonoros en directo. Collía un micro, daba un paseo, e a través das ondas da radio os oíntes escoitaban a paisaxe sonora que ela percorría. Onde tamén falaba. Chegou a desenvolver unha paisaxe sonora comentada, non empregando unha voz en off fóra de escena, senón dentro, interactuando, incluíndo ademais outras voces propias da paisaxe, que tamén falaban sobre si mesmas.

De aí a importancia da linguaxe na súa paisaxe sonora, e de aí a importancia de saber que din as súas composicións.

Hildegard Westerkamp