Acción O Garfo

O garfo

Acción nunha cafetería
15 min
2003 en diante

Nunha cafetería de Pontevedra está sentada unha amiga, María. É a única mesa que ten un enchufe ao seu carón. Agarda a que chegue o accionista, do que ten o seu móbil. En fronte da mesa hai unha cristaleira que cubre toda a fachada. O público atópase ao outro lado da cristaleira sentado no chan, mirando de vez en cando cara o interior da cafetería. Hai arredor de 15 persoas. Podería parecer sospeitoso tanta xente na rúa enfronte da cafetería, pero pasan desapercibidos.

Descrición da acción:
O accionista entra na cafetería e pide un café con leite e un curasán. Nese momento María levántase da mesa e sae. Diríxese cara unha persoa do público e entrégalle o móbil do accionista. Vaise e agóchase nun portal próximo dende onde pode ver a mesa. Acende a cámara de vídeo que leva na súa bolsa e comeza a gravar.
O accionista diríxese cara a mesa, séntase e pousa o curasán e o café. Comeza a comer.
O accionista levántase e diríxese ao teléfono da cafetería. Descolga o teléfono e chama ao seu móbil. Unha persoa do público responde.
O accionista cóntalle que vai a facer un curtocircuíto co tenedor que lle deron para comer o curasán, e que como consecuencia os plomos de todo o local se baixarán. Cóntalle que os da cafetería non saben nada, e pídelle que lles comunique ao resto dos asistentes a súa intención. É a primeira noticia que teñen sobre o contido da acción.
Unha persoa que está ao lado do accionista escoita a conversación e mira para el estrañado, pero non comenta nada.
O accionista volve á mesa e continua comendo o curasán.
O accionista mete a man no peto do pantalón e saca un garfo preparado, hackeado. Pono debaixo da súa perna sen que ninguén se percate.
O accionista deixa caer ao chan o garfo co que estaba comendo o curasán e ao agacharse para recollelo, colle o garfo «preparado» e crávao no enchufe.
Saltan unhas pequenas chispas do mesmo e ponse mouro pola queimadura. A televisión apágase así coma tódalas luces, a máquina tragaperras e demais cacharros eléctricos.
O home que estaba a carón do performer cando falaba por teléfono mira cara el pero non fai nada. O accionista bebe un último trago do café e érguese.
Cando sae da cafetería indícalle ao público que o siga.

Garfo preparado
Hacked fork
Tenedor hackeado
Diferentes vistas do garfo preparado