Estrea de Sete Limbos no (S8)

7 Limbos será estreada na X Mostra de Cine Periférico (S8) o vindeiro venres 31 de maio ás 20:00h como parte da sección Sinais, adicada en cada edición ao cine galego.

Dentro do programa Sinais mostraránse as obras máis recentes dos creadores e creadoras Alexandre Cancelo, Margarita Ledo, Berio Molina, Sol Mussa, Alberte Pagán, Carlos Martínez- Peñalver, Adrián Canoura, Samuel Delgado, Helena Girón e Carla Andrade, que xirarán arredor da idea da migración, a memoria e as ausencias.