7 Limbos no Liceo Mutante dentro do programa Cinema no Xardín

Presentación 7 Limbos
Sábado 3 de Agosto 2019
Liceo Mutante
Pontevedra

O vindeiro sábado 3 de agosto Alexandre Cancelo e máis eu estaremos no Liceo Mutante de Pontevedra proxectando e presentando a nosa película 7 Limbos.
Será ás 22:30h da noite dentro do programa Cinema no Xardín, que organiza o Cineclube Pontevedra en colaboración co propio Liceo.

7 Limbos pecha o ciclo onde tamén se proxectou Le Havre de Aki Kaurismäki e Cancións, caras e lugares. Rexistros dunha escena galega, unha escola de gravacións proposta por Cibrán Tenreiro Uzal.

Cinema no Xardín 2019