O programa Cultura Resident selecciona o proxecto Setras para as súas residencias de investigación.

O Obxecto sonoro caligráfico: definición e análise recibe a Beca de residencia de Cultura Resident, un programa da Generalitat Valencia que a través do Consorci de Museos de la Comunitat Valenciana abarca diversos campos e disciplinas.

A residencia comeza en marzo e durante catro meses compartirei as estancias do Museo de Belas Artes de Castellón con outros compañeiros investigadores: Estela Sanchis Muñoz, Lorena Mulet Delgado, Marco Ranieri, Cristóbal Baños e Diego Iglesias.

O Obxecto sonoro caligráfico: definición e análise é o nome provisional da tese que estou levando a cabo na Universidade de Vigo (Facultade de Belas Artes) baixo a dirección de Ignacio Barcia. Unha continuación do traballo iniciado no libro Setras.