Os autómatas sonoros de Salomon de Caus

Salomon de Caus (Dieppe, 1576 – París, 1626) foi un enxeñeiro, arquitecto e paisaxista francés. Publicou o libro Les Raisons des forces mouvantes onde describe técnicamente como construir autómatas sonoros.

Descubrín os autómatas sonoros de Salomon de Caus polo libro El luthier de Delf de Ramón Andrés: Falaba del como dun constructor “de autómatas, paxaros que aleteaban e trinaban á vontade, artiluxos que emitían sons, a veces música”. Fun buscar máis pensando atopar instrumentos xigantes accionados polo vento, un tema que me interesa especialmente, pero todos os que atopei eran accionados orixinalmente por auga. Porén, os seus autómatas movidos maiormente por muíños de auga resultan moi cercanos e teñen unha conexión especial coa nosa paisaxe.

Aquí deixo unha serie de debuxos extraídos do seu libro Les Raisons des forces mouvantes que resultan moi suxerentes.

Algunhas máquinas autómatas para imitar o canto dos paxaros.

Reconstrucción dun dos seus mecanismos hidráulico para órganos automáticos localizado no Mosteiro Michaelstein en Blankenburg, Alemaña

Bocetos doutros órganos automáticos accionados por auga:

Outros bocetos suxerentes: