Traballando na postprodución de audio de La Estrella Errante

Durante o mes de xaneiro estiven axudándolle a Alberto Gracia a facer a postprodución de audio do seu filme La Estrella Errante.

En realidade só axustamos algúns niveis, limpamos, ensuciamos e recreamos algún espazo sonoro, xa que viña bastante traballado e o deseño estaba moi claro.

Puiden desfrutar do instinto de Alberto para a montaxe e da súa capacidade de crear conexións a través do son, levándoo máis aló das convencionalidades síncronas e espremendo o que Michel Chion denominou como as catro cualidades do acusmaser (ese ser que non se ve pero se escoita) no cine: a ubicuidade, o panoptismo a omnisapiencia e a omnipotencia, pero desde un punto de vista que parte maís da quimera que da certeza.

Un verdadeiro gusto.

La Estrella Errante tivo a súa premiere no IFFR | International Film Festival Rotterdam 2018

Cartel La Estrella Errante de Alberto Gracia