Apuntes sobre bucinas

Algúns apuntes e ligazóns sobre sinais acústicos e bucinas.

Os sinais acústicos poden utilizarse como forma de control de individuos e comunidades, como forma de aviso dun perigo, como forma de estimulación sensorial para contactar e mediar con outras realidades…

Os habitantes do período Magdaleniense empregaban un rombo de cornamenta (rhómbos) que ao xiralo emitía un grave son lóbrego e sobrenatural que reverberaba pola cova de La Roche en Dordoña e amplificaba poderosamente o ronco chifre, similar ao muxido dun bisonte (vía Ramón Andrés: El mundo en el oído), que quizais era empregado como parte de algún rito; o LRAD (dispositivo acústico de largo alcance) é unha arma acústica producida por American Technology Corporation de EE.UU. usado por primeira vez durante o Cumio do G20 en Pittsburgh. Pode provocar xordeira ás persoas que se atopan nun radio inferior a 100 metros; As sete trompas ou shôfarôth feitas cun corno de carneiro derribaron as murallas da cidade de Jericó (Josué 6, 1-21):

“El puebo gritó y los cuernos sonaron. Cuando el pueblo oyó el sonido de los cuernos, se puso a gritar con todas sus fuerzas, y las murallas de la ciudad se derrumbaron“
(vía Ramón Andrés: El mundo en el oído)

Algúns faros como o de Lekeitio (Santa Catalina) empregan bucinas os días de néboa para avisar aos barcos da proximidade da liña costeira. Son bucinas que se poden escoitar a unha distancia de 30 km. O seu son forma parte do imaxinario colectivo e é adoptado polos relatos fantásticos da comunidade como é o caso da “Vaca de Fisterra”, as dúas bucinas do Cabo Fisterra que emiten un son que recorda a unha vaca.

Son exemplos de como o uso dun son forte e contínuo é capaz de manterse omnipresente no espazo habitado. O son propágase polo aire. Está no aire. A súa omnipresencia é evidente. Non podemos darlle as costas ao aire. “Soplo” era asignado polos gregos como pneûma, un término que entre los filósofos significaba alma. Mover o aire, sopralo, era dar vida ás cosas. Soplar no interior dun instrumento musical era o mesmo que dar alma, ofrecer ao aire unha entidad audible (vía Ramón Andrés: El mundo en el oído).

De ahí o poder que exerce o son ao tomar o espazo aéreo sobre as emocións de quen o escoita. Un poder que é empregado para torturar, conmover, alertar, comunicarse co invisible…

Faros con sinal acústico en Galicia:

Faro de Cabo Vilán
Faro do Cabo Fisterra (A Vaca)
Faro de Estaca de Bares
Porto de A Guarda. Dique e Sirena (morse L)
Faro Illas Sisargas (sen uso)
Faro Cabo Estai (en uso)
Faro Corrubedo (sen uso)
Torre de Hércules. A Coruña (foto de Juan Lesta)

Imaxes: 1. Faro Illas Sisargas / 2. A vaca de Fisterra / 3. Sirena do Faro Estaca de Bares / 4. Torre de Hércules / 5. Cabo Estai / 6. Cabo Vilán / 7-9. Cabo Corrubedo / 10. Sirena Faro Prior

Faros con sinal acústico en Euskadi:

Faro de Cabo Machichaco
Dique rompeolas de Punta Barrakomuturra. Ondarroa
Plartaforma de explotación hidrocarburos “La Gaviota”

Faros con sinal acústico en Asturias:

Faro Punta del Cuerno. Candás
Faro de Punta Rebollera. Cudillero
Faro de Cabo Peñas
Faro de Tazones
Faro de Aviles (sirena tipo morse. Emite a letra A)
Faro de San Esteban de Pravia. Dique W (sirena tipo morse. Emite letra N)
Faro de Cabo Vidio (sirena tipo morse. Emite a letra V)
Punta Blanca o Atalaya. Faro de Luarca

Faros con sinal acústico en Cantabria:

Faro de Castro Urdiales(sirena tipo morse. Emite a letra C)
Faro de Cabo Mayor
Faro de Punta Silla. San Vicente de la Barquera (bocina)

Faro Cabo de Palos (Murcia)

Páxinas sobre faros e bucinas:
Colección de imaxes de bucinas de néboa
Listado de bucinas de néboa en Reino Unido
Arquivo de faros con información sobre tipo de sinais acústicas na península

Bucinas

Airchime KM Diagrams
km-85 km-110 km-135 km-165 km-200 km-250

Nathan locomotive air horns: 1 e 2
1950 Nathan-AirChime Engineering Bulletin
Nathan Airchime Bulletin WH-00
Nathan 1951 M Horn Catalog
Horn codes
Union Pacific Horn Codes
Documentos: tyfon_type_t75bc_no.607 P_Horn_Single
Discusión foro mkt 150/90:
Características MKT 150/90
Listado de bucinas

A pianista Heleen Van Haegenborgh e os seus concertos con bucinas (en colaboración con Bighornshunter)

Outros vídeos de bucinas