Comba sonora

A idea desta acción consistía en amplificar sonoramente unha acción xa dada, como saltar a comba, e ver unha nova dimensión por unha acentuación e saturación da presencia do son.(...)

Esta acción xurde por unha colaboración con Agar, e responde a unha proposta que nos fixo Javier Tudela, consistente en que ela tiña que poñerse na miña pel, e facer unha peza no meu lugar, segundo o que ela entendía do que eu facía.
Despois de falar varias veces, decidimos facelo xuntos, xa que de tanto falar ocorréransenos varias ideas para facer.

A idea desta acción consistía en amplificar sonoramente unha acción xa dada, como saltar a comba, e ver unha nova dimensión por unha acentuación e saturación da presencia do son.

Para elo simplemente usamos unha prancha de metal, a onde pegamos un piezoeléctrico que capturara o son, dirixindo o son a unha unidade de efectos para saturar a presencia do son.