bidueival

Para escoitar Bidueival é mellor non darlle moito volume ós altavoces, xa unhas frecuencias moi agudas que poden molestar.

Fíxena a partir dun vals que compuxen haberá fai uns seis anos. A grabación realizeina nunhas condicións moi malas, para que surxiran sons “libremente”. A gaita ten un sonido que por el mesmo se escapa da convención do que sería un son ben producido; a afinación é moi difícil de conseguir pola contínua variación do aire e o contínuo baile de frecuencia en torno ó valor en hz que debería ser constante. Polo tanto quixen ter un sonido cheo de “defectos” e “precario”, xa que considero a gaita como un instrumento defectuoso e de baixa fidelidade (non sendo esto algo negativo, senón máis ben todo o contrario), para que unha vez asumido esto, puideramos xogar libremente coa súa morfoloxía, e se mostrase en toda a súa crudeza.
Todo o tema xira arredor dun efecto: o time streaching. Utilizoo para facer varias melodias partindo dunha única sóa, cambiando a súa velocidade. Así a peza está composta por dúas voces que en realidade tocan a mesma melodia, coa diferencia de que unha vai o dobre de rápido que a outra. A velocidade non é sempre a mesma, senón que se vai modulando para que as duas voces encaixen. A extructura que empreguei para facer o contrapunto melódico que hai en toda a peza é o seguinte:

Partimos dun vals de música tradicional galega que ten a seguinte extructura:
A B C A B C …

Decidín manter esta extructura e engadirlle unha parte máis que resultase formalmente diferente:
A1 A2 A3 B

As dúas voces que hai na canción son exactamente a mesma, polo que internamente gardan a mesma extructura, pero en cambio temporalmente unha é a metade que a outra, aínda que duren o mesmo (xa que estiramos temporalmente o sonido):
voz 1: A1 A2 A3 B
voz 2: 1/2 A1 1/2 A2 1/2 A3 B

O software empregado nesta peza é o ableton live 4 e o efecto de time streaching que trae incorporado.