VIDEOsPAIN. Itinerancias Transvisuales #2

8 – 25 de out / Museo de Arte Contemporáneo / Santiago de Chile

VIDEOsPAIN é un programa que foi posible grazas á Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), Muestra de Arte Digital Audiovisual y Tecnologías Avanzadas Contemporáneas MADATAC e Centro Cultural de España en Santiago de Chile. VIDEOsPAIN é un programa de videoarte de itinerancia internacional que pretende tomarlle o pulso ao máis actual e vangardista na diversa escena audiovisual española e propoñer unha temática inspiradora que cautive a atención dun público amplo e heteroxéneo.
Esta ampla selección presenta un cáustico, peculiar e crítico tributo a vinteún proxectos producidos por videocreadorxs españolxs, cuxas obras parten do fondo de arquivo da Muestra MADATAC, na que moitxs dxs artistas seleccionadxs obtiveron algúns dos galardóns que anualmente outorga esta Muestra de Arte Digital Audiovisual y Tecnologías Avanzadas Contemporáneas.
O motivo do subtítulo Itinerancias Transvisuales alude á temática das videocreacións presentes nesta selección, que perfilan os dilemas das actuais sociedades fragmentadas, que experimentan unha transición cara novos modelos aínda non sinalizados, así como o recoñecemento do cambiante territorio no que existimos e creamos, readaptando paisaxes e obxectos derivados dunha cultura audiovisual dixital inexplorada. Aquí, as visións oníricas e as realistas, orientadas polas redes do intanxible, chocan con texturas orgánicas de grande intensidade plástica para expandirse cara diferentes formas coas que observar as disímiles paisaxes das sensacións e emocións cautivas, así como aquelas que expoñen ao corpo desvelado.

Comisario:
Iury Lech

Videoartistas:
Albert Merino
Alex de la Croix
Ana Marcos y Ángela Ruiz
David Rodríguez Gimeno
Juan Carlos Sánchez Duque
Isabel Pérez del Pulgar
Alfredo G. Barroso
Rocío López Zarandieta
Iury Lech
Lisi Prada
Luis Bezeta
Fernando García Malmierca
Julio Fernández Arpón
Laura & Sira Cabrera
Roser Gerona Ribas
Miguel Ángel Concepción
Belén Patón
Ohn (María Roja & Berio Molina)
Javier Lloret
Marina Núñez
Elena Gaztelumendi

http://www.bienaldeartesmediales.cl/12/actividades/ciclo-audiovisual/videospain/