Tests de Devuison. Maquillaxe aumentada

Estes son tests de Devuison para comprobar como o programa responde á lectura de cor sobre a cara e como se comunica co son.

Son 3 vídeos que se corresponden a 3 zonas da cara.

1. boca
Test: comprobar que aparecen novos sons cando se divide a liña.
Cando a performer abre a boca, a liña divídese en dous, polo tanto debe de haber dous sons.

2. ollos
Test: comprobar que o son desaparece cando non hai debuxo. Abrindo e pechando os ollos, o son debe aparecer e desaparecer. Así mesmo o son debe ser diferente cada vez que este reaparece.

3. cara.
Test: comprobar a distancia entre as liñas suficiente para que estas non perdan a súa identidade (relacionado co tamaño do blob). Ver como funciona a masa sonora.

Máis sobre Devuison