Shell-act

Título: Shell-act
Duración: 6’ 15’’
Ano de realización: 2002

Shell-act é un vídeo onde os músicos non tocan os instrumentos. Os instrumentos soan sós por unha acumulación dunha masa nun espazo.

Este vídeo foi gravado no 2002 nunha casa onde viviamos moita xente, e onde se xenerou moita actividade creativa. Durante os anos que vivimos nesa casa deuse forma ao colectivo Flexo, e nese mesmo estudo de gravación realizamos varios proxectos sonoros que de momento nunca foron publicados, pero que en canto teña tempo capturarei e montarei.

Shell-act é unha homenaxe ao grupo de Chicago Shellac, e ao seu interese pola sonoridade do post-hardcore. Shellac sempre destacou por ter un especial interese polas cualidades sonoras dos instrumentos, o que o convertiu nun grupo experimental rozando a estética minimal na procura da limpeza do ruído.

Neste vídeo colaboran:
Pablo Sánchez: cámara.
Silvia Sánchez: accionista.
Pablo Outón: accionista.
David "Ekkaia": accionista.
Jorge González: accionista.
María Viñas: accionista.
Ana García: accionista.
Jesús Mato: accionista.
Cristóbal Frotúnez: accionista.

Grazas tamén a Ana, Martín e Miguel por deixarnos os seus instrumentos e amplis.